A voltas coa pelota

DEZA

MIGUEL SOUTO

Dende o seu nacemento a Escola de Fútbol Sala de Agolada non deixou de incrementar o seu número de deportistas e xa son 50

18 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A Escola Municipal de Fútbol Sala de Agolada xurdiu oficialmente en 2002, pero foi un ano antes cando deu os seus primeiros pasos gracias a un grupo de veciños que vía nesta modalidade un xeito de divertirse cos máis pequenos e practicar deporte. «Cuando comenzamos no creíamos que esto pudiera convertirse en lo que es ahora. Empezamos jugando con nuestros hijos, pero poco a poco a los niños les gustó la actividad y se fueron inscribiendo», lembra Ángel Utrera, iniciador da Escola. Gracias ao respaldo do Concello agolense e ás diversas institucións colaboradoras, un total de 50 nenos e nenas repartidos entre as categorías benxamín, alevín e infantil compoñen actualmente a crecente canteira. Os obxectivos da Escola están claros: integrar aos rapaces, socializalos, que practiquen deporte e que se divirtan en equipo e de xeito absolutamente gratuito. Ángel Utrera foi o iniciador da entidade e continúa adestrando aos pequenos, aínda que este ano o crecemento imparable do número de deportistas obrigou á escola a buscar outro monitor que prepare a parte dos rapaces. Mirando ao futuro Ano tras ano ao tempo que se multiplica o número de inscritos, a escola está a ampliar horizontes. Para a vindeira tempada a entidade agolense espera poder federar un equipo infantil, un obxectivo importante tendo en conta as complicacións loxísticas e o custo que isto implica.