Javier Blanco: «A cantidade que se adica ao vestiario é elevadísima»

La Voz

DEZA

Todos os integrantes de Xirandola están orgullosos dos premios acadados ao longo destes anos pola agrupación, sobre todo en vestiario. «Pero é que a cantidade que se adica ao vestiario é elevadísima. É unha aposta moi forte a que fai Xirandola neste eido dende sempre e levanse a cabo moitos traballos de investigación e de recopilación, non só de vestiario senón tamén de pasos», apuntou. «A verdade é que boa parte do que xunta o grupo en actuacións emprégase en mercar teas, que case sempre son moi caras e mesmo en ocasións non se atopan en Galiza senón que temos que pedilas a fóra. Pro no fondo de todo isto está o amor a tradición e en traballar en pro da nosa cultura». Precisamente os rapaces de Xirandola ben poderían estrear vestiario este sábado, se está rematado a tempo. O que está garantido é a posta en escena de novos bailes por parte dos compoñentes desta formación silledense que cada día vai medrando máis e máis en integrantes.