Os benxamíns debutaron na Copa vencendo por 6-2 a un rival directo

La Voz L.G.C. | LALÍN

DEZA

P.N.

20 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O debú dos benxamíns no torneo de Copa volveu ser un recital dos de Gumer. O Rasoeiros, de antemán o rival a bater, non tivo moito que facer en Lalín e saiu da capital do Deza cun desfavorable 6-2. Os pequenos seguen intocables. O remate da Liga alevín mixto foi agridoce para os do Portadeza. A súa victoria contra o foi incontestable, 8-0 pero a victoria do Cangas no seu partido corresopondente impediulle aos de Lalín facerse co cuarto posto na clasificación e participar na fase final. Aínda así os de Mojón fixeron un excelente campionato. O conxunto infantil non puido co Cangas B, que derrotou aos lalinenses por 19-27 no útlimo encontro da Liga. As cadetes tampouco tiveron unha boa fin de semana. Caeron nos dous encontros que desputaron contra os conxuntos de A Guarda por 32-9, e co Caselas por 29-14, dous rivais da zona norte da taboa. O 8 de maio as de Agustín Crespo comezarán o torneo de Copa. Os que continúan imparables son os cadetes A que entrena Manuel Fernández. Os do Portadeza gañaron na casa ao Guardés por 41-30 nun encontro no que os lalinenses volveron dar mostras da súa incrible mellora. Con esta victoria os de Fernández reforzan o seu liderato e confirman a súa firme candidatura a facerse coa Copa. As xuvenís do Agolada non lograron a victoria ante o Salceda de Caselas. Martín só contou con 6 xogadoras, o que xustifica o marcador final: 3-50. Comezo indefinido O Portadeza vai tentar que o comezo dos partidos de Copa que desputarán tanto alevíns como infantís se pospoñan ata a fin de semana do 7 de maio para que non coincida cos partidos que xogarán os equipos senior e xuvenil na loita polo sector.