O sábado pasado desputouse nas pistas do clube de tenis Monterreal de Baiona a terceira xornada do Campionato Galego alevín por equipos. Dos 6 partidos desputados polos rapaces do Avantaxe, soamente o dobres masculino de Iago Jar e Manuel Justicia obtivo a victoria. Un marcador 3/6, 7/5 e 7/5 deulle ós de Deza o seu único punto positivo. A pesar de que o resultado final foi un contundente 5-1 para o equipo local, o marcador non fai plena xustiza ó acontecido, xa que varios dos partidos estiveron moi igualados, como o xogado por Manuel Justicia en individual, e o de Aldara e Xandra Quiroga en dobres feminino. A visita ás pistas do clube Monterreal serviu para que os xogadores do Avantaxe entraran en contacto por primeira vez en competición coa terra batida, unha superficie que dominan á perfección os de Baiona. O próximo rival dos de Lalín será o Tenis Ourense o vindeiro día 23.