Alberto Taboada vence na final B dos 100 metros costas do Campionato de España Open

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

01 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?egunda xornada no Campionato de España Absoluto de Natación Open e segunda victoria na final de consolación do lalinense Alberto Taboada. Onte, na proba dos 100 metros costas, a cada vez menos promesa e maior realidade do deporte acuático dezao quedouse moito máis preto aínda de acceder á loita polas medallas, marcando o décimo mellor crono nas series preliminares da mañá: 59,90, só 42 centésimas máis có oitavo clasificado e a 2 do noveno. Pola tarde, Alberto Taboada mellorou o seu tempo, cubrindo os 100 metros costas en 59.46. Con esta marca alzouse gañador da final B, nun posto máis cá meritorio se se teñen en conta os 49 participantes na proba e o seu carácter absoluto e internacional, con presencia de nadadores arxentinos, eslovenos, moldavos e holandeses no Campionato, que como o seu propio nome sinala, Open, está aberto a deportistas doutros países. Hoxe o nadador de Lalín, nas filas do Pabellón de Ourense, completará a su participación na cita de Cádiz nos 400 metros estilos, un día antes da clausura da mesma.