Mónica Trujillo quédase a 4 décimas do bronce no Campionato de España

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo LALÍN

DEZA

A nadadora lalinense marcou un crono de 1.07.30 nos 100 metros bolboreta categoría 1990 Hoxe compite na proba de 50, nunha xornada na que entran en acción Lobelle e Fernández

10 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

? lalinense Mónica Trujillo rozou onte en Sabadell a medalla de bronce nos 100 metros bolboreta categoría 1990 dos Campionatos de España de Natación G4. A promesa do C.N. Lalín Olimpia competíu na final B tras marcar na xornada de mañá un crono de 1.09.15, o decimosegundo no cómputo global, e o quinto entre as nadadoras da súa idade. Dato este polo que se rexe o reparto de metais. Mónica explotou pola tarde, na final B, batindo a súa marca persoal cun tempo de 1.07.30 que a deixou a 4 escasas décimas do terceiro chanzo no podio das nenas nadas en 1990. Hoxe a pupila de Émerson Ramírez terá unha nova oportunidade de probarse a si mesma nun torneo no que a súa soa participación xa é todo un premio. Concretamente, Mónica nadará nos 50 metros bolboreta, nunha xornada na que entran en acción os seus compañeiros dezaos Iván Lobelle, nos 100 metros costas, e Daniel Fernández, nos 1.500 metros libres.