O Val do Ulla non renuncia a dar a sorpresa ante o León

La Voz

DEZA

?a Baiuca (12.00 horas) , o Val do Ulla ten hoxe un dos seus compromisos máis complicados neste treito final de Liga. O plantel estradense recibe o León, terceiro clasificado, que a falta de seis xornadas para a conclusión do campionato mantén opcións de ascenso á División de Honra do fútbol feminino nacional. Na memoria das xogadoras de José Ramón Fachal perdura aínda hoxe o humillante 6-0 encaixado no mes de novembro no campo do seu rival. Nembargante, o técnico galego apela á liña ascendente do seu equipo (dúas victorias e un empate nas tres últimas xornadas) para anunciar que «non renunciamos a dar a sorpresa. Se xa lle gañamos ao cuarto clasificado, o Bértola (1-0), por que non imos poder facer o mesmo ante o León», dicía onte. Para iso, Fachal conta hoxe con Vicki, Sandra, Silvia, Sonia, Vane, Ali, Cris, María, Ana, Pati, Lisset, Barca, Tamara, Geni e Sandra.