11 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.
? Club Tenis de Mesa Lalín regresa hoxe (17.00 horas) á actividade na Liga de Segunda Nacional desprazándose a Gijón para medirse ao Gigia. O feito de ser este o terceiro peor equipo do seu grupo e de terlle gañado en Lalín 4-0 fai albergar nas filas dezás a esperanza de colleitar esta tarde o seu sexto triunfo da tempada. Triunfo que lle aseguraría virtualmente a permanencia ao deixar a zona de descenso a tres victorias a só catro xornadas para o remate da Liga. Por outro lado, Lalín B e Escola Lalín abren hoxe a segunda volta da Primeira Galega enfrontándose entre si no Manuel Rivero ás 11.