Derrotas do Callobre e do Sporting Estrada

La Voz

DEZA

07 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?allobre e Sporting Estrada complicáronse o pasado sábado un pouco máis a vida ao encaixar sendas derrotas fronte a rivais máis ou menos asequibles. Os rapaces de José Rivadulla, con moitas lesións, recibiron un 2-0 nas Pontes, reclamando dous penaltis que o árbitro non lles concedeu. Os de Pitu, pola súa parte, caeron 0-4 na casa co Dubra. Despois de chegar ao descanso cun 0-0, o Sporting veuse abaixo. Unha oportunidade menos para comezar a saír do pozo.