«Antes no Antroido usábamos batas largas para ir ás casas»

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

Entrevista | Lina María Iglesias Rodríguez AUTORA DO CARTEL ANUNCIADOR DO TITIRENTROIDO 2005 DE LALÍN Os tangos arxentinos son a paixón desta viguesa que vive agora la residencia

27 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Problemas de movilidade impídenlle levantarse da cadeira de rodas pero mantén grande lucidez e disfruta coas visitas, que lle permiten relatar os seus anos de nenez, xuventude e madurez pasados en Vigo. -Moitos anos de traballo quedan atrás... -Preto de corenta anos traballando na papelería Porras, ao lado da rúa Príncipe, e catro anos na metalurxía, no Calvario, facendo latas para o bonito. Claro que traballei e moito... -¿Canto tempo leva na residencia lalinense? -Eu vivín sempre na rúa Aragón ata agora. Na residencia levo cinco meses. -E asiste a moitas actividades, entre elas, ás de pintura... -A pintura sempre me gustou pero antes non tiña tempo para iso. Aquí podemos facelo e eu pintei un demo, que é o que aparece no cartel. Antes no Antroido usábamos batas largas, batóns, e caretas para ir ás casas dos veciños. Non pedíamos nada, só íamos a pasalo o mellor posible. Agora compran todo... -Os tangos é o que máis lle gusta... -Os tangos arxentinos son os mellores. Aquí na residencia temos concertos e sempre asisto aos mesmos. Participo tamén nos obradoiros de pintura e debuxo, cantamos cancións e temos sesións de lectura. Aquí síntome ben pero a verdade é que me gustaría estar no meu barrio porque alí coñezo a todo o mundo e todos os veciños me aprecian. -E, por certo, ¿cantos anos tén? -Poucos. Paso un pouco dos oitenta, soamente.