O América Archi, indignado por ter que xogar no Frontón

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo A ESTRADA

DEZA

Quéixase de que o Concello prime ao Hierros Diego no uso do Coto Ferreiro A directiva lembra que o calendario do equipo de fútbol sala se coñecía moito antes có do baloncesto

27 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Malestar, cabreo e indignación. Estas foron as tres palabras coas que a directiva do América Archi se referíu onte á decisión do Concello da Estrada de cederlle o uso do Coto Ferreiro ao Hierros Diego para o seu partido de Liga de mañá pola tarde (17.00 horas). Unha decisión que lle sorprendeu ao contar coa pista para o compromiso ligueiro que os homes de Manuel Sanmartín teñen ese mesmo día (19.30 horas) na Estrada, e que lles obriga a xogar no vetusto pabellón de cemento do Frontón para que o Enredo poida facelo no Coto Ferreiro. O ex vicepresidente do América Archi e agora membro da xestora do A Estrada Fútbol Sala, Fernando Suárez, dixo onte que «estamos cabreados. No es normal que desde el Concello se apoye más a un equipo de categoría autonómica que está jugando por la permanencia que a otro de categoría nacional que marcha líder y aspira al ascenso». Fernando Suárez explicou os feitos: «El martes por la noche llamamos a la directiva del Hierros Diego porque alguien nos comentó que iban a jugar por segunda semana consecutiva en el Coto Ferreiro. Nosotros no sabíamos nada, y le pedimos a su presidente que cambiasen su partido para la mañana del domingo. Nos dijo que no podían. Entonces llamamos al Concello, y nos sueltan que el problema es de los dos clubs». Todo isto, «con los carteles para el partido ya impresos, anunciando la fiesta del fútbol sala local, con los encuentros del América Archi y Enredo SPL uno detrás del otro y con entrada gratuita. Y esta temporada los dos equipos ya no van a coincidir más en A Estrada». A Suárez e os seus compañeiros de directiva «nos parece mal. Nuestro calendario de Liga se conoce desde pretemporada, y el suyo desde comienzos de año. Además, el América Archi es el que siempre tiene que ceder. En la Feira do Moble tuvimos que pagar 300 euros para entrenarnos una semana en Cuntis porque el Frontón quedó para el Hierros Diego y el Enredo. Y el año pasado también tuvimos que jugar varios partidos en el Frontón». Por outro lado, o mércores pola noite a xestora do A Estrada Fútbol Sala reuníuse cos adestradores do Enredo SPL, Rodrigo Feijoo, e do América Archi, Manuel Sanmartín, nunha primeira toma de contacto de cara a sentar as bases do traballo dos dous equipos a curto e medio prazo.