Rosquillas e figuras solidarias para os nenos do tsunami

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

En dos minutos | O centro Manuel Rivero vólcase co Sudeste Asiático Os cativos do centro lalinense venderán os doces este domingo na Praza da Igrexa

26 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A totalidade da comunidade educativa do colexio Manuel Rivero de Lalín está a traballar arreo neste proxecto solidario. O obxectivo final non é outro que recaudar fondos para as víctimas do tsunami, aínda que na retina están os cativos do Sudeste Asiático que se quedaron sin familia, fogar nin escolas. Os rapaces do centro lalinense son conscientes de que son privilexiados pero que a solidaridade traspasa fronteiras, razas e relixións e que tiñan que facer algo por eles mesmos para aportar o seu grao de area ao acto recaudatorio. Puxéronse mans á obra, e en colaboración cos profesores do centro e a Anpa, decidiron elaborar unhas figuriñas que se lles obsequiarán a todos aqueles que merquen este domingo unha bolsa de rosquillas. Para mercar os doces foi preciso xuntar diñeiro. Tarefa na que colaboraron todos, cada quen coa aportación que puido. O importante era participar por unha boa causa e este domingo nunha carpa, que se ubicará na Praza da Igrexa, alí se porán á venda as rosquillas. Pero hoxe mesmo os cativos ampliarán coñecementos sobre a laboura que realiza Unicef, a organización a quen se lle remitirá a totalidade do recadado o domingo.