TRIBUNA PÚBLICA | O |
19 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.DA LECTURA do artigo de Rafael Verde, do PSOE, despréndese unha idea totalmente falsa da realidade de Vila de Cruces. Dicir que o municipio non se modernizou, supón ocultar unha realidade que día tras día se vai evidenciando. As melloras realizadas en infraestructuras e vías, accesos a parroquias, locais sociais, auditorios en Merza, Gres e Cruces, o IES, a residencia municipal de maiores, as áreas de recreo, as vivendas de protección oficial de Cruces e Fontao, a rehabilitación do poboado mineiro e moitas outras obras máis; non ver esto supón obviar unha actuación responsable e decidida do goberno encamiñada á mellora e modernización do municipio. O esforzo feito en Vila de Cruces é maior en termos comparativos que o levado a cabo noutros concellos, por unha serie de características xenuinas como o territorio moi amplo, con 28 parroquias e numerosos lugares, co que é moi distinto a un Concello cos mesmos habitantes -7.000- pero cun número máis reducido de núcleos de poboación. Hoxe en día, Vila de Cruces está perfectamente comunicada, e tódolos lugares e parroquias dispoñen dos servicios básicos. Por eso, no marco das competencias municipais, non entendemos cando se afirma que Vila de Cruces no avanza. Cabe decirlle tamén que para que calquera pobo teña desenvolvemento económico e as novas xeracións se enraícen aquí, é moi importante a dotación de servicios. Por eso non entendemos dende o goberno municipal a súa crítica á consolidación de obras públicas que dan servicio ós cidadáns. Esta administración local levou adiante unha política de modernización no rural moi importante e productiva. Ademais, coa política de vivenda levada a cabo dende a Xunta e o Concello o noso municipio pasa a ser receptor de familias e xoves. Con este artigo só tentamos facer xustiza coa actuación levada a cabo dende este goberno nos últimos anos.