Os de Casal recurtan distancia co liderato cun doado triunfo

La Voz

DEZA

SILLEDA 3-0 LA BAÑA / LAMELA 0-1 MONTAOS

10 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?omingo propicio para o Silleda. O conxunto trasdezao gañou con comodidade o seu duelo fronte ao La Baña, un dos ata agora mellores equipos do Grupo 5, recurtando en dous puntos a súa diferencia co liderato tralo pinchazo do Calo no Pino (3-3). Despois duns primeiros minutos de control visitante, os homes de José Casal tomaron as rendas do choque. Álex II converteu un pase de Cangado nun golazo pola escadra no minuto 20. A partir de entón o dominio do esférico foi dos locais, que ampliaron a súa vantaxe con tantos de Javi Sánchez e de Javi González. Sorte contraria tivo o Lamela, asentado na zona media-baixa da clasificación trala súa derrota pola mínima co Santa Cruz de Montaos (0-1). Nun pésimo encontro de ámbolos dous contendentes, o cadro foráneo sacou petróleo dun erro da zaga local no minuto 72.