Derrotas dos xuvenís do Callobre e Sporting

La Voz

DEZA

?allobre e Sporting Estrada non deron posto fin onte ás súas negras rachas de resultados na Liga Galega Xuvenil. Os de José Rivadulla caeron 3-0 no campo do Flavia, pesie a controlar boa parte do partido. O cadro local adiantouse cun penalti dubidoso a pouco do descanso, rematando a faena con dous goles nos 7 derradeiros minutos do choque. O Sporting, pola súa parte, golpeou primeiro no terreo do colista, o Compos B, cun tanto de José Ramón no minuto 10. Mais desperdiciou as súas ocasións para sentenciar e pagouno: 2-1.