Marcos, Ángel e Martin son baixas, e Cea era onte dúbida máis cá seria Acevedo improvisa unha defensa inédita na que podería entrar o xuvenil Luis Carlos
04 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.? C.D. Lalín pasa hoxe unha verdadeira proba de fogo. Plagado de baixas, aspira en Verín (16.00 horas) a sumar a súa sexta semana sen coñecer a derrota. As ausencias de Ángel e Marcos, por acumulación de tarxetas, e Martin, que finalmente non se deu recuperado da contractura nun aductor, dificultan moito o obxectivo. Pero é que ademais Cea podería perderse tamén o encontro. O xoves sufríu un esguince na parte alta dun dos seus nocelos e onte era seria dúbida para o choque desta tarde. Acevedo convocou os xuvenís Matías, Javi e Luis Carlos para suplir as baixas, ao tempo que confeccionou unha liña defensiva inédita, con Suso e Enrique na parte central da zaga, Rubén no lateral dereito e Cea ou, probablemente Luis Carlos, no esquerdo. Aínda que o Verín perdeu catro dos seus sete partidos como local esta tempada, e aínda que sumou unha racha de cinco derrotas pechada hai sete días cun triunfo sobre o Vilalonga (2-0), estes 3 últimos puntos e o troco de adestrador fan temer que o Lalín se atope ante un rival en pleno relanzamento. Nesta senso, Acevedo non esquece que o Verín dispón dun plantel ideado para acceder á fase de ascenso por segundo ano consecutivo, en base a unha mestura de veteranía e xuventude.