Empate frustrante do Sporting Estrada (2-2) e derrota do Callobre (3-0)

La Voz

DEZA

29 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?porting Estrada e Callobre foron a pasada fin de semana dúas caras da mesma moeda na decimoterceira xornada da Liga Galega Xuvenil. O equipo de Pitu empatou a 2 tantos co Meirás nun encontro que dominou de comezo a fin, con numerosas opcións para perforar a portería rival. José Ramón adiantou o Sporting, pero o equipo estradense rematou por ter que remontar a 10 minutos para a conclusión do choque, cun tanto de Xoel. José Ramón desperdiciou un penalti a favor no derradeiro minuto. O Callobre, en troques, foi claramente superado na súa visita ao Dubra. Os garrafais erros ante a portería local desquiciaron os rapaces de Rivadulla, desnortados co 2-0 a pouco do descanso.