? Sporting Estrada víu onte cortada a súa extraordinaria racha de resultados positivos ao caer 2-1 a domicilio no campo dun dos mellores equipos da categoría, o Flavia. Se a derrota onte entraba dentro da lóxica, a forma en que aconteceu deixou tocada a moral do conxunto de Tabeirós-Montes. E é que cando todo o mundo daba o empate por bo, xa no minuto 93, o árbitro sinalou un penalti en contra 15 segundos despois de que un xogador local chocase co porteiro do Sporting e de que os xogadores locais lle dixesen ao trencilla que falase co seu asistente. Diego non deu atallado o lanzamento da pena máxima, cousa que si fixera no minuto 60, co 1-1 no marcador. O Sporting presentou unha moi boa defensa, empatando o 1-0 que o Flavia lle endosara a 5 minutos do descanso cun tiro de fóra da área. Roberto foi o autor do gol estradense., a centro de Cali desde a banda esquerda.