En dous minutos | Novo comezo de curso A oferta do Laxeiro amplíase co grao superior de mantemento de equipo industrial
30 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Hoxe comezan nos centros de secundaria de Deza e Tabeirós o novo curso escolar para os alumnos inscritos en ciclos formativos de grao medio e superior. Cinco centros da comarca (Laxeiro, Aller Ulloa, Pintor Colmeiro, Camballón e Losada Diéguez) ofertan un total de dezaséis modalidades de formación profesional, desglosadas en seis cilclos de grao superior, e dez modalidades de grao medio. O lalinense IES Laxeiro inicia hoxe o novo curso con tres ciclos de grao medio: electromecánica, electrónica e xestión administrativa; e dous ciclos de grao superior, o de administración e finanzas e o de mantemento de equipo industrial, un curso que se impartirá por primeira vez. O Aller Ulloa continuará impartindo o grao superior de administración de sistemas informáticos, no que xa se matricularon 10 alumnos. A oferta do Pintor Colmeiro, cun total de 45 alumnos, abrangue dende os graos medios de comercio e actividades fisicodeportivas no medio rural, ata o grao superior de xestión comercial e márqueting. O IES Marco do Camballón conta con 29 estudiantes que cursarán o ciclo medio de soldadura e calderería. O estradense IES Losada Diéguez ofertará os ciclos medios de electromecánica, electrónica, madeira e moble, e xestión administrativa; e os ciclos de grao superior de administración de sistemas informáticos e administración de finanzas, con 155 alumnos matriculados.