28 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.
O Concello da Estrada informou onte da apertura do novo curso das escolas deportivas municipais este sábado, 2 de outubro. A oferta para o 2004/2005 inclúe aerofitness, bádminton, baloncesto, ciclismo, fútbol sala, natación, patinaxe artística, tenis, xadrez e ximnasia artística. Os interesados en participar nalgunha ou en varias destas especialidades poden inscribirse xa na delegación de Deportes do Concello, ou tamén o mesmo día do comezo da actividade en cuestión. Máis información Para unha información máis detallada poden acudir á mencionada oficina municipal de Deportes, onde hai folletos explicativos a disposición do público, ou ben consultar na páxina web do Concello da Estrada, www.aestrada.com, apartado de deportes.