Entrevista | Toño González Abal TÉCNICO DE CULTURA DO CONCELLO DE SILLEDA O agasallo chegará en forma de viaxe a Terra Mítica e á Cidade das Artes e das Ciencias
20 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.? última edición da Romaría do Rapaz, celebrada en Siador, xa quedou atrás pero non se esquence o traballo realizado por nenos e mozos. A recompensa a dito esforzo traducirase nunha excursión pero antes haberá que seguir xuntando diñeiro. -Comeza hoxe un obradoiro de escaiola un tanto atípico pola súa finalidade... -O motivo é recaudar fondos para abaratar a viaxe lúdica e cultural que faremos no vindeiro mes de outubro. Na Romaría do Rapaz contamos coa colaboración de 75 rapaces na súa organización e o Concello decidiu premiar esa laboura cun desprazamento que lle sairá máis barato a aqueles que axudan na romaría. O que recaudamos en concepto de venda de camisetas e no bar vai para a viaxe porque os colaboradores da romaría merecían unha recompensa. -¿Cantos obxectos de escaiola pretenden facer? -No obradoiro, que levaremos a cabo na Casa da Xuventude de 19 a 21 horas, temos previsto que participe unha trintena de rapaces que serán os encargados de pintar os paiasos co logotipo da festa e logo vendelos polos establecementos da vila. Pensamos en comezar con cen e logo xa veremos a resposta dos veciños... Cantos máis vendamos, máis diñeiro para a viaxe.