Entrevista | Julio Vázquez Martínez DIRECTOR TÉCNICO DO CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA DA DEPUTACIÓN A comarca de Deza terá representación no certame de bandas ao longo dos tres días
18 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.? cuarta edición do Certame Provincial de Bandas de Música, que organiza a Deputación Provincial, xa está á porta. Tres xornadas adicadas íntegramente ás formacións bandísticas da provincia e, coordinando o acto, Julio Vázquez Martínez. -¿Que cambiou dende aquela primeira edición? -O maior interese que amosan as bandas da provincia por participar neste certame e a calidade interpretativa dos grupos que mellora todos os anos e as bandas optan por tocar pezas máis difíciles. -Participación de bandas de prestixio e renome... -En todas as categorías, que son catro. De feito, na sección especial será unha reválida norte-sur xa que enfrentaranse, musicalmente falando, as bandas de Lalín e Merza contra Valadares e Beade. -¿O xurado está seleccionado? -Está avisado pero non o daremos a coñecer mentras non manteñamos unha reunión cos representantes de todas as bandas participantes que será o día 23. O xurado será de calidade e prestixio e estará integrado por un músico galego, tres nacionais e un representante que se elixirá da proposta que fixo a Federación de Bandas de Música. Solemos mimar moitísimo ao xurado. -¿Os premios increméntanse nesta cuarta edición? -A Deputación asinou un convenio coa entidade Caixa Galicia que destina 60.000 euros ao certame, a Federación Galega de Bandas de Música Populares e Musical Pontevedra tamén colaboran económicamente con este evento que reunirá a máis de vinte grupos.