O Conservatorio de Folque de Lalín abre unha escola infantil

la voz | lalín

DEZA

En dous minutos | Novidades no curso musical A entidade crea ademais a figura do socio, que terá descontos nas distintas?actividades

14 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín principia o curso con varias novidades. Desde xeito funcionará unha escola folque infantil, destinada a rapaces de 5 a 12 anos, con ensinanzas de gaita, flauta, zanfoña, percusión e como materia obrigatoria canto e introducción á música popular. As clases serán os sábados á mañá na Casa da Xuventude. Doutra banda, tamén abre a posibilidade de asociarse a este centro para recibir información individualizada de todas as actividades ao longo do ano, ter desconstos no material editado, nas excursións e recibir asesoramento legal e artístico para os músicos de todos os estilos. O centro mantén aberto o prazo de matrícula ata o vindeiro 10 de novembro, debendo formalizarse en horario de tarde. Manterá o combo folque, con ensaios todos os sábados a partir das 13 horas. Será un punto de encontro para músicos, baixo a dirección de Roberto Salas. A presentación do curso será o sábado día 9 a partir das 17 horas, coa presencia de Nacho Muñoz, arranxista e productor de discos como os de Mercedes Peón ou Uxía, e profesor no centro lalinense do primeiro monográfico sobre introducción á composición por ordenador, aberto a todos os públicos. O conservatorio Folque seguirá con actividades como excursións ou master class. Máis información en www.bandua.com/info/folque.