Crónica | Xuntanza en Sanxenxo
25 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Un arrecendo a peixe azul imperou onte no porto naútico de Sanxenxo. Fronte a finura dos iates e veleros, catro parrillas provocaron no peirao colas de espera que se retorcían en busca dunha recompensa: unha sardiña fresca cun cacho de pan e un vaso de ribeiro. Contan os vellos de alí, que hai anos se organizaba esta xuntanza na entrada da vila co fin de agradecer aos visitantes a súa estancia. Turistas e non turistas, onte foron 4.000 as persoas que degustaron deste producto da ría. Alí no convite as facianas denotaban satisfacción. En cuestión de segundos, os esqueletos das sardiñas daban boa fe delo. Mentres Telmo Martín posaba para os flashes das súas fans, outros lucían o seu mellor sorriso ao lado deste peixe tan característico, o peixe do verán por antonomasia.