O SOL | O |
30 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.HAI ÉPOCAS nas que abundan as conferencias, outras nas que non hai máis ca feiras, e outras, como na que nos atopamos inmersos, na que non hai máis ca festas. Festas, festas e máis festas. En dous días a zona é quen de concentrar tal cantidade de festexos e celebracións varias que se podería organizar unha desas excursións guiadas que gustan tanto ós veciños de oriente. Xa estou vendo a escea: un autobús cheo de turistas sacando fotos a todo o que se move. Menudo percorrido, A Estrada, Silleda, Lalín, Rodeiro. Semella unha competición por ver quen festexa máis. A falta de máis santos oficiais, ben está botar man de comida, inventos de dúas rodas e demáis excusas, todo vale con tal de montar romería. De venres a domingo podemos escoller entre comer paella, pasear en bicicleta, descansar os ollos sobre «sexy boys» e «sexy girls», ir de pesca, ver como extraen cortiza, desfrutar da algarabía e unha manchea de citas festivas máis. Por incrible que pareza, todo isto sen ir moi lonxe. Non se pode negar que en materia de actos ludico-festivos e eventos varios, Deza e Tabeirós lévanse a palma.