Historias truncadas

DEZA

O SOL | O |

26 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTE LUNS AS páxinas dos xornais víanse na obriga, unha vez máis, de recoller as cifras, contadas por deceas, de persoas que deixaran a vida nas estradas. En pouco máis de corenta e oito horas, vinte e dúas víctimas mortais, once feridos graves e cinco leves. Dez dos mortos, tiñan menos de trinta anos, un non chegará a cumprir os tres. O posicionamento diantedos datos non deixa lugar a maquinacións; pais, nais, fillos, irmáns. Vidas truncadas de súpeto e familias esnaquizadas en cuestión de segundos. Este fin de semana moitas vías galegas estreábanse coa nova campaña da DXT. Pantallas electrónicas recollían a realidade máis cruenta á procura de espertar conciencias e accionar precaucións. Frases como «52 muertos mismo fin de semana 2003» acompañou a multitude de conductores este fin de semana nas estradas galegas e españolas. «Alcohol + conducción= a accidente» é outro dos lemas cos que a DXT pretende concienciar á sociedade sobre os perigos que supón conducir bébedos. Ás campañas en paneis temos que sumarlle os puntos que os sábados pola noite se instalan en pobos e cidades galegas e que ofrecen a posibilidade de facer un control de alcoholemeia a todos os que o desexen. Camisetas amarelas a cambio de taxas de alcohol permitidas. Todo vale con tal de rebaixar o número de accidentes, os mortos, os feridos graves, os leves, as familias desfeitas. Dezanove accidentes mortais nun só fin de semana, vinte e dúas historias que, en cuestión de segundos, deixaron de escribirse.