CRÓNICA | Arrinca a pretempada no fútbol de elite do Deza e Tabeirós Acevedo comeza a traballar con 16 homes pendente aínda das fichajes. Santi e Toño dan o salto ao plantel desde o conxunto xuvenil e o chantadino Julio estará a proba
24 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.? Club Deportivo Lalín pon mañá en marcha o seu proxecto 2004/2005 coa presentación e primeiro adestramento do equipo de Terceira División (Cortizo, 19.00 horas) . Un ano máis, José Manuel Acevedo darálle forma á materia prima que a directiva roxinegra lle entrega en man. O obxectivo, voltar a construír un plantel competitivo, coa dificultade de facelo pesie á fortísima reducción orzamentaria obrigada tralas desmesuradas cifras manexadas por Álvaro Méndez e compañía no seu último ano á fronte do club (algo máis de 300.000 euros). Con este condicionante, non é de extrañar que a xestora presidida por José Manuel Bahamonde se tome con calma o capítulo de fichaxes. Hai poucos cartos, e polo tanto débense gastar da mellor maneira posible. Polo de agora, no regreso de Ramón Zafra e nas contratacións de Martin Wolfswinkel e Senel. Sendo once as baixas respecto ao plantel da tempada pasada, doce se mañá se confirma a marcha de Parada, quedan pois varias incorporacións pendentes . Entre elas podería figurar a do centrocampista estradense Javier Vázquez Ares, Javichu , que este ano debutou en Segunda B da man do Compostela. El e un ex compañeiro no equipo santiagués, tamén mediocentro, respostarán nas vindeiras horas ás ofertas que lles fixo chegar a xestora dezá. Ademais de cos tres reforzos, Acevedo traballará desde comezos de semana cos renovados Suso, Marcos, Enrique, Iván Fernández, Nando, Ángel e Rubén; con Santi (defensa) e Toño (centrocampista), que soben ao primeiro equipo tras finalizar a súa etapa xuvenil ás ordes de Bermés; cos canteráns Matías, Javi López e Dani; e mais con Julio, interior esquerdo chantadino que a campaña pasada militou no Compos de División de Honra Xuvenil, e que estará a proba durante a pretempada.