Como en tempos do tam-tam

DEZA

O SOL | O |

21 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ONTE VIVÍN unha xornada tensa. Sí, un deses pesadelos que te estremecen polas noites fíxose realidade. ¡Quedeime, ó igual que a maioría, incomunicada durante horas!. Xa sei que o que acabo de dicir podería soar a frase sacada dun guión de Sensación de vivir , pero non. Créanme se lles digo que poucos de nós resistiríamos moito tempo sen teléfono. O caso é que según os de averías, a culpa do apagón tecnolóxico non foi deles, e os seus efectivos funcionaron estupenda e rapidísimamente. Pois ben, eu non son enxeñeira, nin moito menos, pero o que sei é que pasadas as seis da tarde, algúns lalinense continuaban sen cobertura. Ó mellor a culpa é nosa cando non somos quen de vivir sen teléfonos nin Internet, pero, ¿vostedes imaxínanse unha redacción dun xornal sen poder telefonear durante horas? Mellor que nin o pensen. Máis dun estivo a punto de desempolvar o tam-tam para comunicarse cos millerios de fora de cobertura que andaban perdidos por terras de Deza. Igual con isto aprendemos, e buscamos menos dependencia dos aparatiños eses; índa que, sinceramente, non o creo.