O obradoiro de emprego Ecolalín III rematará o 29 de xullo de 2005. Algo máis dun ano que se empregará para acometer unha serie de traballos puntuais. «A intención é facer oito actuacións pero a obra do Centro de Formación Téxtil é un dos proxectos máis ambiciosos. Subliñar que non imos facer nós toda a estructura. Os alumnos de catro, das cinco especialidades, encargaranse do cimentado, pintado das portas, do mobiliario e tamén do axardinamento exterior do centro. Imos acondicionar tamén a área recreativa de Bergazos e aos entornos do paseo do Pontiñas e do auditorio. Outra as actuacións centrarase na rúa Areal onde se levantará un muro, ao campo da feira vella contará cunha fonte ornamental, coma a que se levanta nas proximidades da estación de autobuses, e pintaremos centros educativos e o clube hípico de Mouriscade».