Unha xornada para a diversión e convivencia no Pontiñas

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

O cronómetro | As Anpas de Deza organizan unha xuntanza lúdica Na «mesa familiar» do Pontiñas xuntaránse mañán nenos e maiores

18 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

As asociacións de pais de alumnos do municipio de Lalín disporán de unha xornada propia na que poderán conversar, divertirse e comer todos xuntos. A idea desta primeira Xuntanza Lúdica das Anpas do Deza partiu da asociación de pais de Cercio. «É un colectivo que está acostumado a organizar todo tipo de actividades culturais e, nunha reunión que celebramos, prantexou esta posibilidade de facer unha festa. Unha idea que nos pareceu moi acertada, e aí está», explicou a presidenta da Apa do IES Aller Ulloa Marta Lázara. A organización desta xuntanza, que terá lugar mañán na «mesa familiar» do Pontiñas, correo a cargo de Marisol García, do Manuel Rivero; José Luis Castro, do colexio Varela Buxán; José Manuel Rozas, do Xesús Golmar; Margarita Ledo (IES Laxeiro), Beatriz Ramos, do centro Vicente Arias e Marta Lázara. Os actos comezarán a partires das 10.30 horas «aínda que as actividades para os cativos non se iniciarán ata as 11.15 horas, aproximadamente. A comida será sobre as 14 horas e haberá empanada, chourizos e panceta asada, froita, viño, auga e café que faremos alí mesmo». A previsión de asistentes é de 150 persoas, que son as que formalizaron a súa anotación. «A metade son maiores e os outros son rapaces, de tres anos en adiante. A única nota negativa é o feito de que na zona da carballeira comprobamos que non existen aseos e, os que hai máis lonxe, están sucios e en moi mal estado».