«Conquerir unha media de dez no Bacharelato foi un reto»

Rocío Ramos lalín

DEZA

Entrevista | Alba Diéguez Alonso ESTUDIANTE DE RODEIRO Esta alumna do IES Ramón Aller ten?esa media en todas as?asignaturas

11 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?s profesores de Alba Diéguez Alonso só teñen verbas de admiración para esta rapaza de Rodeiro de 17 anos que ten un dos mellores resultados académicos de Galicia e a que o centro presentará para o Premio Extraordinario de Bacharelato. Un dos profesores sinalaba onte que o seu exemplo pode demostrar aos rapaces que para ter unhas notas así non hai que ser un raro ou extraordinariamente superdotado. -¿Cal é o segredo para poder conquerir unha media de dez? -A mín sempre me gustou estudiar e sempre saquei boas notas. Estudiei ata cuarto da ESO no colexio de Rodeiro, alí tiven unhos profesores boísimos e cheguei ao Bacharelato moi ben. Ao empezar en Lalín non sabía o que iba a pasar, empecei sacando deces e logo conquerir unha media de dez en todo foi un reto. -¿Tes algún método especial para estudiar? -Leo moito dende sempre, fago resúmenes, relaciono. Creo que me axuda, ter unha boa base, a capacidade de relacionar e o ler moito dende sempre. Eso é o que din os profesores e que á hora de escribir me sei expresar. -¿Cantas horas estudias? -Pola tarde non podo estudiar, pero sí estudio ben pola noite. Non son de empezar moito antes. Unhos días antes do examen ou a noite anterior. Algún día deitéime ás cinco da mañá. -¿Que asignaturas che gustan máis? ¿Non che piden os compañeiros apuntes? -As Matemáticas e a Física. Sí me piden apuntes, pero tamén eu a eles. Formamos un grupo pequeno que o compartíamos todo. -¿Que che din as amigas? -Que si estou mal da cabeza, que me tome a vida con calma. -¿Que aficións tes? -Xogo ao fútbol-sala. Empecei fai tres anos en Rodeiro. O primeiro ano só entrenamos, o segundo quedamos de derradeiros e iste fomos terceiros. Xa imos ben. Empecei baile de moi pequena e aínda non o deixei e gaita dende fai catro anos, pero aínda non sei tocar ben.