A xove actriz, natural do Concello de Dozón, fíxose co primeiro premio do segundo Festival de Teatro Afecionado, organizado polo colectivo Cirla, polo seu monólogo Cómo saber si tiene novio , unha adaptación de El Club de la Comedia. «Ao meu entender, son os que fan o mellor humor do momento. Teñen detalles que son realmente fantásticos». Belén Novoa presentouse ao festival, en solitario, baixo o nome de A fregona da filla da neta do jarabulleiro . Parte de dito monólogo interpretouno ante Isi , coincidindo cunha visita do actor estradense ao IES Laxeiro. «Foi unha oportunidade única para mín e saber que lle gustou moito máis». Belén forma parte do grupo de teatro de Lalín que está a ensaiar unha nova peza. «Trátase de Cupido que fai o posible para que un home, moi chafalleiro, consiga ligar coa rapaza que lle gusta e que é moi fermosa».