Os de Couso brillaron na primeira parte e renaceron na recta final Jorge López foi o artífice do espertar roxinegro con tres tantos proverviais fronte ó líder
13 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.?nfundado por enésima ocasión no seu papel de doctor Jeckyll e míster Hyde, o Portadeza Lalín ofreceulles onte ós seus seguidores un final de infarto, deses que converten o deporte de competición en digno do tempo dedicado polos seus afeccionados. Despois de cubrir unha primeira parte con sobresaínte alto, e matrícula de honra en materia defensiva, Xosé Couso e os seus homes trabucaron o camiño e metéronse nunha nebulosa mental que os levou do 11-10 do descanso a un aparentemente definitivo 13-19 no minuto 43. A gran guerra de defensas, 5-1 polo Portadeza e 2-4 polo Fadesa, desiquilibrouse co regreso á pista frío e mesmo algo apático do primeiro, ata entón sólido e serio como nunca antes na Liga. Con seis goles de desvantaxe, e cun O.A.R que por primeira vez encadeaba non só dúas, senón ata cinco posesións marcando, todo facía pensar que o partido estaba sentenciado. Foi entón cando apareceu a figura proverbial de Jorge López. Recén saído do banquiño, meteu de novo ós seus na loita polo triunfo con tres golazos, dous deles á contra. O electrónico pasaba en tan só tres minutos (52 ó 55) dun 17-21 a un esperanzador 19-21. Rubén recortaría a dous do final, e a falta de 27 segundos, el mesmo lanzou un penalti, coa mala sorte de estrelar o balón no longueiro. Para compensar, o rexeite caeu en mans roxinegras, que se foron pasando o esférico ata que este regresou a un Rubén que destrozou a portería do líder cun trallazo imparable cando só restaban 3 segundos. O público ergueuse embravecido dos seus asentos para aplaudir e vitorear ó seu equipo como non fixera en moito tempo, pasando por alto a súa irregularidade anterior. O filial perde en Ribeira Tal e como se temía de antemán, o filial perdeu fronte ó segundo da Liga, o Ribeira, por 26-20. O plantel de Mojón, que nunca tivo opción de victoria, tivo a mala sorte de perder por lesióna a José Antonio no primeiro minuto.