«É un luxo que pensaran en mín e mesmo sin facer probas»

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

Entrevista | Mónica García Coñecida polo seu papel de camareira en «Pratos?Combinados»,?agora?roda?un filme

10 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

é o título da película que está a dirixir Patricia Ferreira e que se estivo rodando en Madrid e, dende o vindeiro luns, en A Coruña. Un filme protagonizado por Fernando Fernán Gómez, Marta Etura, Roger Coma e Emma Vilarasau. No reparto figuran ademais Víctor Mosquera e a actriz agolense Mónica García. -¿Como se sinte con esta nova experiencia? -Moi ilusionada. O ano pasado, na entrega dos premios de audiovisuais Patricia Ferreira faloume de que estaba preparando unha nova película e que quería contar conmigo para a mesma. Quedei abraiada. É un luxo que pensaran en mín e mesmo sin facer probas de ningún tipo antes de escollerme para o film. Normalmente, aos actores galegos non nos coñecen moito fóra de Galiza e sempre temos que amosar o noso talento, por dicilo dalgún xeito. Isto é unha gozada. -¿Que papel interpreta na película? -Son caixeira nun supermercado e son a amiga da protagonista, Marta Etura, vivimos xuntas e compartimos un pisiño. O meu papel é secundario pero estou encantada de traballar con Fernando Fernán Gómez, Emma Vilarasau, Marta Etura e Víctor Mosquera. É o meu primeiro papel en cine con identidade. -Acaba de voltar de Madrid... -Así é. Alí estivemos rodando un par de localizacións na rúa e tamén nun supermercado. Participo en nove secuencias en total e agora faltan as de Galiza. Está previsto facelas en A Coruña a partires do vindeiro luns. Aínda nos resta moito traballo por facer. -Fálenos do argumento... -Esta película narra a convivencia da protagonista, Irene, co seu pai que é un vello con moita vitalidade a pesares da súa idade e da súa tráxica historia que está relacionada co seu fillo. Xurdirá unha nova traumática que fará que a existencia destes personaxes cambien e terán que, a partires de entón, aprender a vivir novamente descubrindo cousas que ignoraban.