«Sempre cantei fóra, é horas de facelo na miña comarca»

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

Entrevista | Cesáreo Torres TENOR Natural de Carbia, o artista ofrecerá un concerto en abril en Vila de Cruces

28 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Moitos anos de estudos de canto con algúns dos máis prestixiosos maestros. Concertos en boa parte de Galiza, España e mesmo no estranxeiro. Pero, ata o de agora, un só recital na comarca. Foi na Fundación A Solaina de Piloño, en Vila de Cruces. -¿No eido musical tampouco se é profeta na súa terra? -Francamente non se deu a circunstancia precisa para ofrecer un concerto aquí. Os últimos anos só me adiquei a estudiar baixo as directrices de grandes maestros como son Pedro Lavirgen, Miguel Zanetti, Teresa Novoa, Marimi del Pozo Nieto ou Antón de Santiago. Sempre cantei fóra, é horas de facelo na miña comarca xa que con anterioridade ofrecín concertos en Santander, Madrid, Oviedo e Fuerteventura. Inluso estiven no Algarbe portugués, en Andorra e no Centro Galego de Berna en Suiza. Pero cando Paco Lareo, o presidente de A Solaina, me pediu que dera un concerto na fundación, e este foi o meu primeiro recital na zona, e escoitei os aplausos do público, pensei que chegara o momento de que se me coñeza tamén aquí. -¿O canto clásico é só para unha minoría? -A ópera pode ser para unha minoría pero a zarzuela ou a canción napolitana é para todos os públicos. Trátase de algo moito máis alegre e dinámico e é precisamente o que estamos a ensaiar para o concerto do 3 de abril que ofreceremos no Auditorio José Casal, a partires das 21 horas. Concerto no que estarei acompañado por David Fernández, profesor de piano e pianista acompañante das escolas municipais de Vila de Cruces e de Silleda. -¿Cando lle xurdiu o interese polo canto clásico? -Sempre me gustou a música pero os meus comezos foron coa música popular. Posteriormente, fun traballando e educando a voz, porque ésta evoluciona co estudio, ata ser cualificado como tenor lírico lixeiro. Unha persoa non nace tenor nin soprano, fáise.