? empate in extremis do Portadeza o pasado sábado en Porriño supuxo un novo paso atrás de cara ás aspiracións clasificatorias do equipo roxinegro nesta Liga 2003/2004. Situado na sétima praza da táboa desde había dúas semanas, na súa cota máis alta no que vai de campaña, o plantel de Xosé Couso víuse superado na xeral polo Calvo Xiria, a gran sorpresa da xornada 19 ó derrotar en casa ó ata entón líder invicto, o Fadesa O.A.R., por tres goles de diferencia: 29-26. Con este triunfo, o cadro coruñés empata a 18 puntos co Portadeza, valéndose do seu goal average a favor (21-21 en Lalín e 27-25 en Carballo) para facerse co sétimo posto. O peor para o Portadeza foi ver como o punto que incomprensiblemente se deixou en Porriño supón un novo ensanchamento na súa desvantaxe co sexto casilleiro da Liga, ocupado agora mesmo polo Astillero, con 22 puntos. Co Cisne, quinto, e o Atlético Avilesina, cuarto, con 23, ó Portadeza só lle queda facer un final de tempada case impecable, ou resignarse a rematar na parte media ou media-baixa do seu grupo. Por outro lado, o equipo feminino roxinegro recibíu un severo correctivo na cidade herculina de mans do C.B. A Coruña. O resultado final, 24-9, no deixa lugar a dúbidas.