Ó TRASLUZ
07 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.LEMBRO CANDO empezaron a facerse as primeiras casas de turismo rural. Daquela era unha cousa nova e moitos dos promotores, axudándose das subvencións oficiais, lanzáronse a un mercado que estaba en auxe. Agora hai máis visitantes pero tamén unha morea deste tipo de aloxamentos para repartirse o pastel. De ahí que os datos que recolle o IGE poñen en dúbida a súa rendabilidade mínima. Cunha media de 35 días dos 365 que ten o ano cada praza ocupada non dá para moito. Seguro que hai quen pode dicir ó contrario, porque a súa casa mantén unha boa ocupación. Pero xa se sabe como son as estatísticas: é unha media e os que teñen éxito míranse cos que non o teñen, así as veces tamén saen salarios medios ós que hai que mirar con certa envexa. Os datos deben facer reflexionar porque temos atractivos e só explotándoos un pouco estas estatísticas cambiarán e o pastel aumentará máis.