Dúas derrotas en Asturias devolven á realidade ó Tenis de Mesa Lalín

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

15 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O Club Tenis de Mesa Lalín espertou do seu sono na parte alta da clasificación da Segunda División Nacional con dúas derrotas na xornada dobre do sábado pasado, coas que poñía fin á primeira volta da Liga. Primeiro caeu co Avilés, por 4 sets a 1 e 14 xogos a 9, e despois co Castrillón, por 4 sets a 3 e 18 xogos a 15. O certo é que fronte ó primeiro equipo, o Lalín contou coa falta de colaboración do árbitro, que obrigou os xogadores dezaos a iniciar o seu primeiro choque tan só quince minutos despois de chegar da súa viaxe desde a capital dezá. Por outro lado, o C.T.M. Lalín de Terceira División venceu 4-2 ó Noia B e perdeu polo mesmo resultado co Noia A, e o de Provincial gañoulle óTui B 4-1.