O Tenis de Mesa lalinense, subcampión galego por equipos

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

O traballo coa canteira do Club Tenis de Mesa Lalín víuse recompensado unha vez máis a pasada fin de semana coa consecución do segundo posto por equipos no Campionato de Galicia Alevín. Antonio Blanco, Diego Hermida e Pablo Zobra compuxeron o plantel dezao, que só caeu na final, co Monteporreiro, e por un estreito 3-2. Terceiro posto en parellas Ademais, José Antonio Blanco e Diego Hermida finalizaron o campionato como a terceira mellor parella, e a nivel individual Diego Hermida foi quinto, Blanco noveno, Zobra duodécimo e Jesús Brey 24.