O C.T.M. Lalín prosegue a súa gran tempada e derrota ó Poniente

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

01 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

?s xogadores do Club Tenis de Mesa Lalín confirmaron o pasado sábado na súa cancha o excelente estado de forma no que se atopan ó sumar a súa quinta victoria da tempada a costa do Cárnicas Poniente Foi este un duelo moi igualado, como demostra o 4-2 no marcador final de sets e, sobre todo, os tres escasos xogos de diferencia que decantaron a balanza do lado dezao: 14-11. O choque non podía comezar mellor para os intereses do equipo local. Antonio Crespo e José Domínguez adiantaban 0-2 o C.T.M. Lalín nos dous primeiros individuais, fronte a Alberto Gómez e Ignacio Alonso, respectivamente. Primeiro Salvatore Aria e Alberto Gómez, no dobres con Fernando González e Domínguez, e despois Gómez, coa súa victoria sobre Domínguez, reduciron distancias. Crespo decantou o encontro cun durísimo derradeiro set a cinco xogos con Aria.