Un documental rememora o auxe do volframio a través de testemuñas

La Voz M. G. | LALÍN

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

O traballo, que se centra en boa parte en Fontao, será presentado este venres en Cruces Traballadores, estraperlistas, gardas civís ou guerrilleiros narran a súa experiencia

28 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

?arte da historia do século pasado estivo marcado pola extracción do volframio. O documental A memoria nos tempos de volfram recolle a través das súas testemuñas a transformación que viviu Galicia pola extracción de este mineral codiciado por Alemania para reforzar as súas armas. Boa parte deste traballo céntrase nas minas de Fontao, un dos puntos no que o «ouro negro» máis incidiu a vida dos seus veciños. O traballo, que foi realizado pola productora Olimpus Comunicación con guión e realización de Antonio Caeiro, será presentado este venres a todo o público a partir das 21 horas no Auditorio José Casal de Vila de Cruces. O alcalde, Jesús Otero, destacou onte a importancia deste documental posto que permite recopilar a historia e o papel de Fontao. O director da productora, Carlos Gey, explicou que a historia artéllase a través das testemuñas que viviron a época do auxe do volfram, que significou unha saída nunha época de escaseza e reacionamento ó finalizar a Guerra Civil. Para elabora-lo documental fixeron un total de cuarenta entrevistas ós protagonistas desde momentos: axentes alemáns, estraperlistas, guerrilleiros, mineiros, gardas civís ou aventureiros, que recordan á década dos cuarenta e cincuenta. Tamén intentaron poñerse en contacto con algún dos presos políticos pero isto non foi posible. «De non facerse agora o documental, quizais nunca se pudera haber feito posto que moitos dos protagonistas están finando», destacó Gey. O realizador e guionista, Antonio Caeiro, explicou que o documental narra unha época na que gañar diñeiro era fácil. Por traballar un día conseguían 5.000, 10.000 e incluso 20.000 pesetas e gastábano de forma inmediata. «Pensaban que ía durar toda a vida e acobuse despois da Guerra de Corea», manifestó. Caeiro salientou que este documental é o que dá continuidade o de Illados e xa está preparando unha terceira parte cun novo episodio histórico de Galicia. O documental A memoria nos tempos do volframio ademais de en Vila de Cruces será proxectado en outros puntos de Galicia e hai contactos para facelo en Madrid. Nestes momentos tamén están negociando con televisións para difundilo. O traballo -en galego- traducirase ó castelán e ó inglés. Ademais, a productora fará un DVD que se poñerá a venda é que incluirá fotografías e trinta minutos máis de entrevistas que as recollidas no documental.