Domínguez, Crespo e Fernando González volverán a ser os baluartes do equipo de Segunda Nacional O plantel debuta na Liga esta fin de semana a domicilio fronte o Atlético León e o Veguellina
08 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O Club Tenis de Mesa Lalín regresa esta fin de semana á competición ligueira cos seus equipos de Segunda División Nacional e Primeira División Galega. O primeiro deles debuta nunha xornada dobre fóra da casa. O recén ascendido Atlético León Universidad, o sábado pola tarde, e o Veguellina, o domingo pola mañá, serán os seus primeiros rivais nun campionato con dez clubs e un calendario de dezaoito xornadas que concluirá o 21 de marzo do 2004. O obxectivo do conxunto de Segunda Nacional non é outro co de «lograr la permanencia y, si es posible, terminar en la parte media de la tabla», explicou onte un dos seus baluartes, José Domínguez. Fernando González, Antonio Crespo e el mesmo repetirán coma columna vertebral da escadra, con Abel López coma única novidade, de regreso logo de varios anos lonxe do tenis de mesa de competición. Nembargante, o C.T.M. Lalín inicia a Liga tocado. Por un lado, polo desexo de Abel López de centrarse, a lo menos de momento, nos adestramentos de cara a voltar a coller a forma. Pero é que ademais Fernando González chega á primeira xornada recén saído dunha lesión nun pé que xa arrastraba da tempada anterior, sen apenas tempo para recuperar o ton físico ideal. Na súa loita pola permanencia, o Lalín conta ó seu favor, en principio, co feito de que a Segunda Nacional perdeu nivel respecto a tempada anterior. Así o cre Domínguez logo de escoitar que «los equipos que ascendieron este año no son demasiado potentes, mientras que los más fuertes de la temporada pasada subieron». Ademais do Atlético León e do Veguellina, compoñen o Grupo 2, o do Lalín, o Escola Cidade de Narón, Oviedo-Luarca, Avilés, Gijón, Castrillón, Naronense e Cárnicas Poniente. Un filial menos O plantel de Primeira División Galega (Terceira Nacional) tamén debuta esta fin de semana, o domingo na casa fronte ó ANPA Vincios (Pavillón Municipal de Lalín, 11.00 horas) . O seu obxectivo é tamén a permanencia, para o que terá que loitar, ademais de co Vincios, contra o Beade-Universidad de Vigo, Pardavila, Indugasa, Liceo de Noia, Liceo de Noia B, Raxó-Monte Porreiro, T.M. Monte Porreiro, C.T.M. Ceibe e Pérez Castro. Manuel Fernández, Julio Silva, Manolo Blanco e Carlos Presas conforman o plantel dezao, aínda que os dous primeiros poderían rematar xogando no Segunda Nacional. Polo que respecta á Liga Provincial, o C.T.M. Lalín fusionou nun só os dous equipos dos que dispoñía a tempada pasada. O motivo, a reducción de 23 a 18 xogadores no club. Tendo en conta que un dos conxuntos lalinenses conseguíu gañar a pasada Liga, a meta pasa este ano por conseguir o ascenso a Primeira División Galega.