¿O reinado do telelixo?

DEZA

O CRISOL | O |

30 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

¿CAL É o teu programa favorito? ¿En que empregas o teu tempo libre? Pois en ver os documentais da segunda, claro. Segundo as enquisas o programa máis visto da televisión sería calquera dos documentais que a segunda canle de TVE emita hora tras hora. Segundo o estudios de audiencia, un tal Gran Hermano e un tal Operación Triunfo lévanse a palma. ¿Que falla? Pois o de sempre, que non somos quen de ser congruentes con nós mesmos, e negamos a realidade, por pudor, por vergoña, ou por non se sabe que. A maioría da xente nega de xeito tallante que vexa os programas de corazón, de cotilleo, os realitys , e todos os programas fillos diso que algúns deron en chamar telelixo . Realmente resulta complicado falar do telelixo , porque as fronteiras que o delimitan están cada vez máis difuminadas. Ademáis, ¿quen ten a capacidade académica e moral para dicir que unha obra é lixo?. Eu persoalmente estoume a plantexar a idea de non volver a empregar a palabra telelixo nin ningún vocablo similar. A razón é moi sinxela: facendo eses programas, todos sabemos a estas alturas da película a cales nos referimos, atópanse profesionais da comunicación, ou, cando menos, xente que vive dela. Polo tanto, non me parece xusto criticar e arrastrar polo fango o traballo de ninguén, sexa quen sexa. Admito, sen embargo, que o espectáculo televisivo está a tirar cara derroteiros máis ben distintos, por non dicir, que o espectáculo se está apoderando do espacio que antes estaba reservado ó acto da comunicación. Sexa como sexa, está claro que non todos imos ser fans dos documentais da dúas.