Un regalo chegado de USA

DEZA

O CRISOL | O |

26 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

NUN LUGAR do planeta, cun nome do que non me quero lembrar, pero que ó parecer era a cuna das hamburguesas, naceu un día un príncipe xusticiero que estaba destinado a liberar ó mundo de todo mal . Durante anos preparouse duramente para enfrontarse á realidade, e foi quen de superar retos tan heróicos como o atragantamento cunha gallega de chocolate. O noso heroe, convertido en defensor da orde mundial, foi quen de enfrontarse á opinión pública para salvagardar a paz mundial , as reservas de petróleo, os oleoductos que atravesan un cuarto do planteta e as plantacións de bonitas amapolas que plagan certos terrenos aló por terras lonxanas. En fin, o noso príncipe das hamburguesas, logo de liberar o mundo das forzas do mal, decidiu pasar a un segundo plano, e optou, coa bondade que o caracteriza, entregar o seu reinado das terras áridas a unha coalición encabezada por homes de paz. O regalo do noso heroe non chegaba en demasiadas boas condicións, pero ó fin e ó cabo, «a cabalo regalado non se lle mira o dente». Así que o noso heroe foi feliz e comeu perdíces, ¡perdón, hamburguesas!