Eu quédome con Clooney

DEZA

O CRISOL | O |

12 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI GUSTOS para todas as cores, e cores para todos os gustos. A uns gústalles Ally Mcbeal e a outras gústanos George Clooney. Hai uns días vendo un informativo pola tele, case se me sae o corazón. A entradiña era «George Clooney, o solteiro de ouro casouse onte». ¡Oh, meu Deus!, ¿quen sería a roubaparellas?. A resposta fíxose esperar, porque agora ata os informativos meten publicidade, co que o meu suplicio se prolongou varios minutos. Logo dos correspondentes insertos publicitarios, resolveuse o meu enigma. Unha avispada reporteira italiana pediulle a Clooney, ó meu Clooney, matrimonio en plena rolda de prensa. A sorte acompañouna e o doutor Ross deulle o «sí quero», selando o histórico momento cun bico. En teoría a desposada reporteira estaba contraendo o cómico matrimonio por obriga, vamos, porque estaba traballando, pero permítanme que o dubide. Eu, ó igual que moitas outras mulleres do planeta estou segura de que a xornalista foi traballar ese día algo máis que contenta. En fin, supoño que serán os ciumes. A ver se cae a breva e a próxima vez me toca a mín.