O CRISOL | O |

30 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DENDE HAI tempo a muller deixou de ser o sexo feble para converterse no forte, pero nun forte en moitos casos á sombra. Como se dunha fraternidade nortamericana se tratase as asociacións femininas medran e copan o poder, tanto na vida social como na política. Cargos electos e funcionariais coinciden a miudo coas directivas das asociacións. As explicacións poden ser varias: dende a falta de xente disposta a asumir postos de responsabilidade, algo moi frecuente por outra parte, ata a falta de preparación para traballar nun cargo que esixe, cando menos, uns coñecementos básicos e bastante adicación. Sen esquecernos tampouco da repercusión e valor social que pode chegar a exercer unha agrupación destas características. Labor social Sexa como sexa, as asociacións de mulleres están a desenvolver unha tarefa en moitos casos abandoada polas institucións. Realizan a laboura social de dar a coñecer ás mulleres o que en ocasións o mundo lle esconde. Gracias ás xuntanzas femininas as socias interrelaciónanse e comunícanse, algo en moitas ocasións dificil, sobre todo no mundo rural. Os cursos e as viaxes deixanlles ver outra realidade normalmente lonxana á do seu día a día, e mesmo disfrutar dun tempo de lecer que na Galicia máis profunda algúns aínda conciben como cousa de señoritas . Aínda sen saber o que o futuro nos depara, as previsións e augurios para as asociacións de mulleres que pululan polo mundo semella ser optimista. Quen sabe, quizáis dentro duns anos sexan os homes os que teñan que asociarse para enfrontarse á dura realidade que o mandato feminino impoña. Pero para iso aínda hai que esperar.