Comer é un gran placer

La Voz

DEZA

O CRISOL | O |

25 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

CANDO calquera turista se achega por terras galegas, o primeiro que aprende a dicir é iso de pulpo, empanada ou percebes. A fama da nosa mesa precédenos, e non nos debería extrañar. En cuestión de uns cantos días somos quen de festexar e honrar por todo o alto á tortilla, ó polo, á empanada, ó lacón, e a un sen fin de exquisiteces culinarias capaces de alegrar ata os días máis sombríos. ¿Onde se viu na nosa terra unha festa sen moreas de comida? Tres clases de carne precedidas por un saboroso cocido e seguidas dunha retahila de postres que deleitan o padal máis goloso complétanse con viños e augardentes. Dá igual que logo non poidamos nen levantarnos, que non sexamos quen de agacharnos para recoller a servilleta ou que acabemos co sal de froitas da botica. En Galicia comemos, e comemos ben. Aínda resona na miña mente a frase de tódo-los turistas que visitan a nosa terra ó remate do verán, « he engordado 4 kilos » « ya no quepo en el pantalón », « necesito apuntarme a un gimnasio ». Pois señores, en palabras de certo sabio, en Galicia da comida aproveitase todo, e o que non vale, pás croquetas.