A Federación Nacional de Actividades Subacuáticas confirmará a candidatura en setembro San Vicente do Mar e Portosín son, en principio, as dúas opcións para albergar a subsé marítima
22 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.? buceo en apnea (a pulmón) non para de darlle alegrías á Estrada. Tan só un día despois de acoller o primeiro récord mundial de relevos 24 horas, no que participaron catro dos seus veciños, a capital de Tabeirós-Terra de Montes era confirmada oficiosamente coma sé do vindeiro Campionato de España de Buceo en Apnea, en xullo do 2004. Así llo fixo saber o pasado domingo a Federación Española de Actividades Subacuáticas ó responsable do Departamento de Apnea da Federación Galega (Fegas), Diego Paz, gran artífice da marca mundial acadada a última fin de semana nas augas da piscina da Academia Galega de Seguridade: 92,950 quilómetros entre dez buceadores, só catro deles presentes as 24 horas. Paz afirmou onte que se ben a ratificación é oficiosa, «el domingo me dijeron que había un 99,9% de posibilidades de que se elija A Estrada como sede del próximo Campeonato de España. Nosotros presentamos la candidatura de A Estrada en la última edición -hai dúas semanas en Valencia-, y ninguna otra autonomía ha presentado hasta ahora candidatura». Deste xeito, tan só queda agardar ata setembro, mes no que a Federación Española dará a coñecer oficialmente o nome da sé da súa gran proba. A capital de Tabeirós-Terra de Montes será o punto de concentración da organización e dos participantes na cita, así coma o escenario das probas que se fagan en piscina. As marítimas, pola súa parte, disputaranse nunha subsé, para a que nestes intres parten coma favoritas San Vicente do Mar e Portosín. O xefe do departamento autonómico de apnea, responsable tamén das piscinas estradenses xestionadas pola empresa Gaia, lembrou que «Galicia ha apoyado la práctica deportiva de la apnea desde su introducción en España, en 1998. Somos una potencia a nivel nacional, por lo que es de justicia que se celebre aquí un campeonato», o quinto tralos de Cadaqués (Girona, 1999), Barcelona (2001), Tenerife (2002) e Valencia (2002). Diego Paz salientou a relevancia de que sexa A Estrada «la primera localidad del interior en acoger una prueba nacional de este nivel».