Couceiro acode a Vigo a unha mediamaratón

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

O atleta estradense Paco Couceiro atópase na fase inicial de preparación da Maratón de Berlín, á que acudirá a finais de setembro, e da de Lisboa, na ponte da Constitución. Con dito fin, o deportista de Tabeirós-Terra de Montes ten previsto participar este domingo nunha mediamaratón que se disputará nos arredores de Vigo. A intención de Paco Couceiro é a de «competir ó cento por cento para estar adiante» e reforzar así as súas condicións físicas. Nesta liña, pensa participar cada fin de semana nunha carreira popular, de 10 quilómetros, e non descarta ir a outras mediamaratóns.