Alfonso Trigo remata sétimo o Nacional de Buceo en Apnea

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo A ESTRADA

DEZA

O estradense foi clave no cuarto posto por equipos de Galicia

14 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

«Saíume un campionato redondo. Non me podía imaxinar que fose a estar tan ben». Así resumía onte o estradense Alfonso Trigo a súa excelente actuación no Campionato de España de Buceo en Apnea, celebrado a pasada fin de semana en Valencia. O seu sétimo posto na clasificación individual final, xa de por si impresionante, é dobremente espectacular ó lembrar que esta era tan só a segunda competición oficial disputada por Alfonso Trigo. O deportista de Tabeirós-Terra de Montes mantívose entre os dez primeiros desde o comezo da cita nacional. Na xornada inaugural, gracias ós seus 4 minutos e 50 segundos na proba de apnea estática, marca coa que pulverizou o récord galego con dez segundos máis de resistencia. Na segunda e derradeira xornada, o domingo, Trigo acadou os 80,4 metros de distancia na proba de apnea dinámica, que a organización elexíu para substituír, por falta de visibilidade no mar, a de jump blue (voltas a unha plataforma cadrada de sete metros de lado sumerxida no mar a outros tantos metros de profundidade). Ademais, coa súa brillante actuación, Trigo converteuse na peza fundamental do cuarto posto acadado pola selección galega na clasificación por equipos, só por detrás das potencias canaria (1ª), catalana (2ª) e balear (3ª).